ITINERARIO 1

Carácter: optativa

ECTS: 3


Docente: 

  • Ángel Fernández Castro (UDC)
  • Anxo Calvo Silvosa (UDC)

Obxectivos

  • Identificar os elementos fundamentais que han de ser considerados na formulación e xestión de proxectos sociais para contribuír ao obxectivo dunha xestión social máis eficiente.
  • Aplicar os coñecementos, metodoloxías, técnicas e ferramentas para a definición, planificación e realización de contornas de xestión de procesos e actividades.
  • Achegar elementos de xuízo para aplicar este corpo de coñecemento a proxectos sociais que se articulen dentro de programas e políticas sociais de fontes públicas ou privadas.
  • Apoiar a toma de decisións económicas e sensibilizar sobre a importancia das mesmas para o uso eficiente dos recursos públicos.

Contidos

  • Introdución á análise social para o desenvolvemento de proxectos
  • Avaliación social de proxectos
  • Planificación e xestión de proxectos
  • Financiamento de proxectos de interese público
  • Avaliación integrada de proxectos

Metodoloxía docente 

  • Actividades introductorias
  • Sesións maxistrais
  • Resolución de problemas
  • Seminarios
  • Estudos de caso
  • Resolución de problemas e exercicios de forma autónoma
  • Prácticas autónomas a través de TIC

Actividades formativas

  • Presenciais (actividades que requiren asistencia, que pode ser por métodos telemáticos): 15 horas
  • Non presenciais (actividades a realizar de forma autónoma polo alumnado): 60 horas

Sistema de avaliación

  • Proba oral ou escrita (25-75%)
  • Observación sistémica (25-75%)

Outra información relevante

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora, xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta lingua. Algunhas actividades poden desenvolverse en inglés.